luns, 30 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO - COMPARTICONTOS POLA IGUALDADE

O alumnado de 2º EP foi o encargado realizar o mural da entrada do cole. 
Deberíamolo de ler tod@s con moita atención!


Este curso realizamos comparticontos relacionados coa igualdade.
 Trátase dunha actividade entre cursos, na que ocupamos todos os espazos exteriores do centro para que o alumnado dos últimos niveis realice dramatizacións de contos ou exposicións de interese aos nenos e  nenas da etapa infantil e de 1º,2º,e 3º de primaria.


Para iniciar esta aventura solicitamos a maleta da igualdade ao CAFI, que nos aportou un fondo moi completo de libros que abordan este tema.
Coa chegada do material a coordinadora do programa Donas de Sí en colaboración coa Biblioteca déixanos elexir dous libros por clase para representalos este gran día.
 Entre os títulos traballados destacamos Aurea Rodríguez, a gaiteira, A vaca que puxo un ovo, A familia, A historia dos bonobos con lentes...
 

Aquí van unhas cantas imaxes!














O DÍA DA MULLER - 8 DE MARZO

Coma todos os anos, o 8 de marzo conmemoramos o Día da Muller Traballadora.
Este curso participamos no I Concurso de Carteis do Día Internacional da Muller.
No noso centro escolar participamos con dito debuxo.


Ademais deste cartel, o alumnado de 5º e 6º de Primaria realizaron moitos outros debuxos de gran calidade.
Fixemos unha exposición con todos eles e o alumnado do centro realizou a súa propia valoración dos mesmos.



Do mesmo xeito, o alumnado de 3º EP realizou un mural dedicado ás mulleres. Aquí volo ensinamos.


 Noraboa rapazas e rapaces por todo o traballo realizado!


VISITA MARÍA CANOSA

Este curso recibimos a visita de María Canosa.
Practicamente todo o alumnado do centro traballou cun conto escrito por ela.
Foi unha mañá moi productiva, disfrutando da súa compañía e respondéndonos dúbidas e intrigas que nos quedaron sobre os seus contos.
Ata a próxima!




mércores, 14 de febreiro de 2018

ENTROIDO 2018

Este Entroido 2018 estivo cheo de maxia e de ilusión.
Como non podía ser doutra forma, a temática anual do Circo encheu de cores o noso desfile de Entroido.

No seguinte vídeo tedes máis imaxes do espectáculo!

xoves, 28 de decembro de 2017

NADAL 2017


Neste Nadal 2017 a biblioteca do CEIP de Arzúa anima a todos/as a ler. 




Do mesmo xeito, o equipo da biblioteca xunto coa colaboración do EDLG, elaborou un díptico con recomendacións de lecturas de Nadal.




O alumnado de 5º B realizou o mural de entrada do centro.
Quedoulles moi fermoso!



Tamén se realizou un mural no que participaron todas as titorías. Fíxose unha especie árbore/carpa de circo do que saen personaxes do mesmo con palabras relacionadas co Nadal: comprensión, amor, solidariedade, etc.


Ademais, as familias colaboraron activamente cos seus fillos/as decorando bólas que se penduraron do teito e paredes.


Xa o día 21 de decembro visitounos Papa Noel e o Apalpador.
Aquí vai unha imaxe!

A continuación celebrouse o festival de Nadal ao que estivo convidado toda a comunidade educativa.

E por último recibimos a visita dos Reis Magos.


Foi un día moi intenso!
Bo Nadal!

DÍA DA INFANCIA

O 20 de novembro conmemórase o Día Mundial do Neno/a.

O alumnado de 6º A preparou o mural da entrada do centro onde recolleu os dereitos da infancia. 



Ademais, para celebrar este día, todas as titorías realizaron unha actividade común. Cada aula encargouse de traballar un dereito que neste mural nos mostra o noso pallaso.